Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Lingüística de Corpus
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
C2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
C3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
C5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
C6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
C7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística.
C8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
C9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
D1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
D2 Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro.
D3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
D4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
D5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
D6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
D7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000