Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Prácticum
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas Prácticas laborais nunha empresa ou institución 60 A2
B1
B2
B3
B5
C27
Informe de prácticas Elaboración dunha memoria sobre as prácticas laborais realizadas na empresa ou institución seleccionada 40 A3
A4
B4
B6
B7
B8
B9
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua e de carácter formativo tendo en
conta todas as fases do proceso das prácticas. O sistema de avaliación atenderá
aos seguintes parámetros:

 

1) A avaliación por parte do titor/a profesional do
desenvolvemento das prácticas e a valoración do grao de cumprimento de cada
unha das actividades realizadas. Esta avaliación levarase a cabo sobre unha escala numérica de 0-10.

2) A avaliación por parte do titor/a académico/a da
memoria de prácticas preparada polo alumno/a ao remate do seu período de
prácticas. Esta avaliación levarase a cabo sobre unha escala numérica de 0-10. A memoria debe cumprir os
seguintes requisitos:

 ·  deberá ter
unha lonxitude de entre 1,000 e 3,000 palabras, en formato libre;

 ·  poderá
redactarse en inglés, castelán ou galego;

 ·  deberá
mostrar capacidade de expresión e de síntese e dar conta das actividades e
tarefas realizadas durante as prácticas externas, da experiencia adquirida, dos
aspectos proveitosos das prácticas, das cuestións menos satisfactorias e que
poderían mellorarse, etc.

 · deberase entregar unha copia en papel ao titor/a
académico/a na data que se determine, que estará condicionada polo calendario
oficial de entrega de actas.

 

3) A cualificación final será proposta polo titor/a
académico/a baseándose no informe do titor/a profesional, que representará
hasta o 60% da cualificación final,  e na
memoria do alumno/a, que representará hasta o 40% da cualificación final.  O titor/a académico/a fará chegar a proposta
de cualificación final ao Coordinador/a a efectos da súa ratificación, se
procede, e incorporación á acta da materia.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000