Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de exercicios, problemas ou actividades que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula. No caso de que se solicite entregar unha actividade, a non entrega da mesma en tempo e/ou forma puntuará como cero. 15 B2
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C2
C3
C11
C12
Prácticas autónomas a través de TIC Grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non realización dunha actividade en tempo e/ou forma puntuará como cero. 5 B1
B2
B3
B6
B7
B8
C1
C2
C3
C11
C12
Traballo tutelado A realización autónoma dun traballo escrito coa súa correspondente presentación oral en clase, para a cal se recomenda o uso dun powerpoint. O traballo escrito deberá cumplir co formato, estrutura, corrección gramatical e estilo propios dun traballo académico. 70 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C3
C11
C12
Observación sistemática O alumnado tamén será avaliado en base aos datos e evidencias que o profesorado recompile sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios, reflexión e preguntas ao fío das explicacións e realización das actividades encomendadas. 10 B1
B4
B6
B7
C1
C2
C3
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación na primeira edición de actas (xuño)

- A avaliación será continua e basada nos catro parámetros arriba indicados e súas correspondentes porcentaxes da cualificación final.

-É requisito indispensable para aprobar a asignatura asistir a tódalas sesións presenciais e obter alomenos un 5 (sobre 10) no traballo escrito.

- No caso de obter unha nota inferior a un 5 no traballo escrito, o alumno/a terá a oportunidade de refacer o traballo segundo as instruccións que reciba ao respecto e presentalo para a súa nova avaliación na segunda convocatoria en xullo.

-A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso na materia.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia

-O alumno/a que non poda asistir ás sesións presenciais e realizar as actividades do curso coa regularidade necesaria por causa xustificada será avaliado/a en base á realización autónoma dun traballo escrito coa súa correspondente presentación oral en clase no día e hora acordados entre a profesora e o alumno/a. Este traballo computará como o 100% da cualificación.

-A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcial no traballo escrito ou presentación oral suporá un suspenso na materia.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Avaliación na segunda edición de actas (xullo)

-O alumno/a que non supere a materia na primeira edición de actas por non ter superado o traballo escrito coa súa correspondente presentación oral e/ou as actividades do curso terá a oportunidade de refacer e presentar o traballo e/ou actividades segundo as
instruccións que reciba ao respecto polo profesorado para a súa nova
avaliación na segunda convocatoria en xullo. O traballo ou actividades computarán cada unha sobre 10, manténdose a(s) porcentaxe(s) das partes aprobadas na primeira edición de actas.

-No caso de tratarse de alumnado con dispensa a clase, a avaliación de xullo farase en base ao traballo escrito coa súa correspondente presentación oral e computará como o 100% da cualificación.

-A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso na materia.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000