Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Lingüística Informática e de Corpus Aplicadas á Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. 15 B1
B6
B7
C3
Resolución de problemas Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará en clase ou de forma autónoma fóra da aula. 55 B1
B6
B7
B8
B9
C3
C11
Traballo Proba final cun compoñente práctico e teórico. O/A estudante deberá facer unha exposición oral de un caso práctico, na que se valorarán os contidos e a presentación en si, que deberá estar en soporte PPT ou semellante. 30 B1
B3
B4
B7
B9
C3
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
(I) PRIMEIRA CONVOCATORIA DE ACTAS
A avaliación consiste de 3 compoñentes como se describe na parte superior:
  • 15% = Participación e implicación do alumnado.
  • 55% = Resolución de exercicios e traballos prácticos na clase ou de forma autónoma. Dependendo do tipo de exercicio, a entrega será vía FAITIC/TEMA ou en por escrito.
  • 30% = Presentación oral dun traballo teórico-práctico. A presentación deberá ir acomoañanda dun handout e dunha Power Point, que serán entregados via FAITIC/TEMA con antelación.

(II) SEGUNDA CONVOCATORIA DE ACTAS
O alumnado deberá repetir as partes suspensas na primeira convocatoria, se estas son os exercicios prácticos ou o traballo final; a avaliación da participación non é recuperable. Nesta segunda oportunidade o traballo final será en formato essay, cunha extensión entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias.


(III) ALUMNADO EXENTO DE ASISTIR A CLASE
O alumnado entregará todos os exercicios cun valor de 60% e entregará un traballo final en formato essay con valor de 40% da nota final (extensión entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias).


NB. Todos os exercicios e traballos serán feitos e escritos en lingua inglesa. A corrección lingüística e o uso formal de convencións no eido da lingüística son indispensables. Xa que logo, erros de tipo grammatical ou ortográficos serán penalizados.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000