Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O traballo avaliarase segundo a descrición incluída no apartado "outros comentarios e segunda convocatoria". As competencias específicas avaliadas seleccionaranse en función do tema sobre o que verse o traballo de fin de máster de cada estudante. Son comúns a todos as competencias básicas e xerais, ademais das específicas CE15, 17, 18, 19, 20 e 21. 100 B1
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C15
C17
C18
C19
C20
C21
C30
C31
C32
C33
C34
C35
C36
C37
C38
C39
C40
C41
C42
C43
C44
C45
C46
C47
C48
C49
C50
C51
C52
C53
C54
C55
C56
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

O estudantado ten dereito a dúas oportunidades de avaliación. As datas de entrega e defensa do traballo de fin de máster serán as establecidas de maneira oficial polo centro e notificaránselle ao alumnado con suficiente antelación a través de FAITIC. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas de entrega e presentación do traballo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER

Segundo os acordos tomados pola comisión académica do Máster en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo, as comisións de avaliación designadas para a avaliación dos traballos de fin de máster rexeranse polos seguintes criterios:

1. Co fin de guiar a planificación do traballo por parte do estudantado, fixaranse ao comezo do curso datas de entrega parcial de obrigado cumprimento.  

2. Aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente informal e/ou que incumpran as normas ortográficas e gramaticais recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.

- Avaliación continua e formativa a través da orientación da persoa titora e de seguimento da realización do traballo (30%). Neste 30% teranse en conta os seguintes aspectos:
  • Respecto das convencións académicas establecidas (extensión, formato, introdución, conclusións, e citación axeitada da bibliografía relevante): 10%.
  • Contido do traballo: 15%
  • Modo de traballo, consultas coa persoa titora e actitud do estudantado cara ao TFM: 5%
- Evaluación global del proceso de aprendizaje y adquisición de competencias y conocimientos a través de la presentación y exposición del trabajo realizado (70%). En este 70% se tendrán en cuenta los siguientes aspectos:

  • Respecto das convencións académicas establecidas (extensión, formato, introdución, conclusións, e citación axeitada da bibliografía relevante): 20%
  • Contido do traballo: 35%
  • Exposición pública*, en que o estudantado deberá presentar, durante un máximo de 10 minutos, os aspectos máis relevantes do seu traballo: 15%

*O desenvolvemento da sesión de exposición pública será o seguinte:
1. Presentación por parte do estudantado dos aspectos máis relevantes do seu traballo (10 minutos). Penalizarase o alumnado que supere o tempo máximo establecido. Por outra parte, a persona que presida a comisión interromperá a intervención cando se teña superado o tempo de exposición permitido co fin de non afectar o horario das intervencións do resto do alumnado.
2. Intervención da persoa voceira da comisión, en que se realizarán comentarios e preguntas sobre o traballo presentado (10 minutos).
3. Resposta do estudante á intervención da persoa voceira da comisión (5 minutos).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000