Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Novos formatos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudos/actividades previas Resumos de lecturas: As/vos estudantes deberán escoller 2 lecturas das asignadas para facer dous comentarios/resumos de lectura. Cada resumo, de non menos de 2500 palabras (5 páxinas), son unha interpretación orixinal analítica baseada nun dos argumentos ou temas da lectura (NON son un resumo do texto) e deberán ser entregados nas datas que se coordinarán ao comezo do curso. 10
Debate Participación activa e informada: O curso terá un formato de seminario e avaliarase a asistencia e participación activa nas clases, nas actividades do curso, e a participación na plataforma dixital (FAITIC ou BLOGUE) creada especificamente para os contidos do mesmo. 10
Traballos de aula Diferentes actividades prácticas nas que se apliquen os contidos e conceptos da materia. 40
Resolución de problemas Realización dun traballo final que consistirá en escoller un concepto crave ou tema específico de entre as diferentes prácticas, teorías e pensadores que estudaremos neste curso e definilo, explicar a súa pertinencia analítica e representalo nun formato orixinal, xa sexa dixital ou analóxico. As características do proxecto final explicaranse en maior detalle durante o curso. A súa entrega está contemplada para as últimas semanas de clases xunto a unha presentación oral persoal para o resto do alumnado. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITOS:



Os
requisitos máis importantes para este curso son: (1) Unha lectura coidadosa e
crítica dos
textos; (2) A participación activa e informada en discusións de clase; 3) Puntualidade e conciencia en todas
as actividades e tarefas do curso. 

* Recoméndase aos/as estudantes que
revisen e coñezan tanto o Código de Etica 
como os
regulamentos ao redor do Plaxio Académico
.

*Para os/as estudantes semipresenciais, é
un requisito indispensable do curso darse de alta na plataforma
dixital (FAITIC ou BLOGUE) creada especificamente para os contidos do mesmo,
ata a segunda semana de iniciado o
curso.  A través da plataforma actualizaranse
os contidos do mesmo e proveranse os recursos.  Tomarase en conta os
controis/reportes de acceso
á plataforma dixital dos/as
estudantes cada semana, para a avaliación final.  O resto de requisitos e datas de entrega
serán os mesmo que para o resto do alumnado, incluíndo a presentación
final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000