Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Novos formatos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introdución conceptual ao tres bloques da materia.
Estudos/actividades previas Lecturas e visionados previos á exposición de temas.
Debate Debates críticos en clase sobre temas e conceptos da materia.
Traballos de aula Realización de propostas prácticas na aula individuais e/ou en grupo na que se aplicarán os conceptos aprendidos.
Resolución de problemas Un traballo final consiste en escoller un concepto crave ou tema específico de entre as diferentes prácticas, teorías e pensadores que estudaremos neste curso e definilo, explicar a súa pertinencia analítica e representalo nun formato orixinal, xa sexa dixital ou analóxico. A súa entrega está contemplada para as últimas semanas de clases xunto a unha presentación oral persoal para o resto do alumnado.
Lección maxistral Desenvolvemento desde o punto de vista teórico e historiográfico dos temas da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000