Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Escritura dramática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral explicación dos conceptos fundamentais de dramaturxia. 10 A4
C6
C7
C9
Traballo tutelado Realización de textos dramáticos de curta duración que serán lidos en clase e comentados tanto pola profesora como polos compañeiros en base aos coñecementos adquiridos. 60 C6
C7
C9
D8
Resolución de problemas Realizaranse dúas probas individuais en clase: unha pregunta teórica sobre os conceptos explicados e unha proba creativa propondo unha serie de premisas. 20 A4
B8
C6
C7
C9
D1
D8
D9
Debate Debates sobre os textos dramáticos realizados tanto individualmente como en grupo, nos que participarán de forma activa tanto a profesora co alumnado. Serán leidos en clase e debatidos para a reescritura e perfeccionamento das súas historias 10 C7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado semipresencial terá que asistir a horas de *tutorías unha vez ao mes previa cita coas titoras. Presentará diversas reseñas (4) das obras da bibliografía que se sinalarán na primeira tutoría. Disporá dun cartafol na plataforma Faitic para seguimento da materia e entrega de traballos. Realizará un texto dramático que será presentado en clase para o seu debate e reelaboración final. A entrega do texto dramático final terá lugar ao final do cuadrimestre coincidindo coa data oficial fixada pola Facultade para a avaliación única. 

Dado o carácter práctico desta signatura, a asistencia (80%) é requisito para a avaliación continua. Serán valoradas, coa porcentaxe indicados, as diferentes probas sinaladas arriba. A entrega do texto dramático final terá lugar ao final do cuadrimestre coincidindo coa data oficial fixada pola Facultade para a avaliación única. 

O alumnado que non supere a convocatoria de xuño terá que entregar un texto dramático coincidindo coa data fixada pola Facultade para a avaliación de xullo e catro apuntas da bibliografía.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000