Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Escritura dramática
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Presentaranse en clase os conceptos e mecanismos fundamentais do modelo aristotélico na escritura dramática e as distintas obras craves do teatro universal para analizar, posteriormente, en clase, as súas estruturas e o uso dos elementos dramatúrgicos.
Traballo tutelado Aplicaranse os coñecementos explicados e discutidos en clase para construír breves historias con estruturas sólidas, personaxes complexos e diálogos solventes. Os traballos serán lidos e discutidos en clase.
Resolución de problemas Realizaranse dúas probas individuais en clase: unha pregunta teórica sobre os conceptos explicados e unha proba creativa propondo unha serie de premisas.
Debate Realizaranse debates sobre os conceptos explicados en clase e os traballos dramáticos realizados polo alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000