Traballos de aula |
Actividades prácticas orientadas na aula polos docentes. Nestes traballos realizados durante tres sesións presenciais proporanse actividades para desenvolver en grupo que serán expostas e/ou entregadas aos docentes para a súa avaliación. Cada traballo realizado terá un valor dun 10% da nota final para o alumnado que se acolla á avaliación continua. A puntuación máxima que é posible obter coa realización dos tres traballos é de 3 puntos sobre 10. |
Traballo tutelado |
Actividade práctica. Este traballo tutelado terá como obxecto o deseño dunha entrevista semidirixida que será realizada a unha persoa inmigrante que estea a aprender galego ou español durante o ano 2017. O deseño da entrevista, a entrevista transcrita e unha análise posterior dos resultados conformarán o traballo que o alumno ou a alumna deberán entregar para a súa avaliación posterior. Esta proba terá un valor do 70% da cualificación final na modalidade de avaliación continua. |