Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Gramática do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Consitirán na análise e discusión de temas directamente relacionados cos contidos da materia. O alumnado semipresencial terá que realizar un comentario crítico sobre algún debate seleccionado pola docente. 15 B2
D2
D6
D8
D10
Presentacións/exposicións As presentacións prepararanse de acordo cun esquema previamente exposto en clase e versarán sobre algún aspecto relacionado coa materia. Para o alumnado semipresencial, a presentación poderá ser realizada o mesmo día que o exame fixado para o alumnado de avaliación continua. 20 C1
D1
D2
D8
Resolución de problemas Consistirá na realización en clase de distintos tipos de exercicios sobre cuestións teóricas expostas en clase e tamén sobre as lecturas realizadas. Realizaranse un máximo de 8 exercicios que se valorarán conxuntamente. O alumnado semipresencial entregará estas actividades a través do correo electrónico. 15 A1
D1
D2
D8
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nunha proba na que se desenvolverán cuestións teóricas e prácticas expostas en clase. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 sobre 10 nesta proba. A proba realizarase ao final do cuadrimestre, en horario de clases. O alumnado semipresencial deberá realizar este exame tras acordar a data coa docente. 50 A2
A5
B1
B7
C1
C2
C5
D1
D2
D3
D8
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, o alumnado deberá indicarlle á docente a forma de
avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua  (traballos de
aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (o
exame terá lugar na data indicada no calendario oficial de exames da
FFT). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única
realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas. O
exame para o alumnado que opte pola modalidade de avaliación continua
terá lugar durante a última semana do curso. O alumnado que opte pola
avaliación continua e que non supere a materia ao final do cuadrimestre
poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas
convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a
través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso. O exame de xullo constará dunha parte teórica e unha parte
práctica. Tanto nas probas como no resto dos exercicios propostos ao
longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na
expresión, as incoherencias sintácticas, etc.; se durante a corrección
de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos
traballos non se valorarán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000