Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma. 15 A5
B3
D8
Traballo tutelado O alumnado terá que realizar un traballo tutelado cuxas características se especificarán na presentación da materia. 20 A5
B3
D8
Lección maxistral Avaliaráse mediante a asistencia, a participación activa nas clases e a preparación das lecturas previas. 5 C5
D5
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 50 A1
B2
B7
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 10 B7
C18
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO PRESENCIAL:

- Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. 

De optar pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión ás profesoras por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Doutra banda, o dereito á avaliación continua perderase se non se agarraches a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só se avaliará con este sistema aos alumnos e as alumnas que asistisen a 38 horas ou máis de clase. Tamén se perderá o dereito á avaliación continua se non se entregan as prácticas obrigatorias fixadas polas profesoras. Pola súa banda, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade.

- Na 2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade.

ALUMNADO SEMIPRESENCIAL:

- Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. Independentemente do método de avaliación elixido, recoméndase asistir á presentación da materia e ás clases que sexan posibles. 

Para a avaliación continua seguirase o seguinte método de avaliación:

  • Prácticas autónomas a través de TIC: 20%
  • Traballo tutelado: 30%
  • Exames parciais: 50%

De non cumprir estes requisitos avaliarase polo método de avaliación única, que consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade.

- Na 2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000