Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia interna da lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso. Entregarase un cronograma da materia.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. En todo caso o docente faralles chegar o cronograma da materia.
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar anticipadamente para que o alumnado os poida preparar con certo adianto.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas.
Lección maxistral Nestas aulas o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas, directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase vivamente levar os contidos da materia ó día.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, para iso, ficheiros en formato pdf (por veces o profesor tamén os poderá enviar por correo electrónico).
Traballo tutelado Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito seguindo as indicacións que o profesor dará no inicio do curso.

Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión
definitiva do traballo á plataforma Faitic.

O segundo día de aulas explicarase a metodoloxía deste traballo. Recoméndaselle ó ALUMNADO SEMIPRESENCIAL que asista a esta sesión, mais quen non puider asistir deberá poñerse en contacto o máis axiña posible co docente para fixar unha titoría.

Ó longo do curso as dúbidas ou consultas que haxa resolveranse sobre todo nas horas de titoría.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000