Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Cada discente elaborará individualmente dous traballos escritos seguindo as indicacións do profesor: un sobre o punto 3.1. e outro sobre o punto 4. do temario.

Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva dos traballos á plataforma Faitic.

Dedicaranse aulas presenciais a explicar a metodoloxía destes traballos. Ó longo do curso farase, tamén na aula, un seguimento deles, sobre todo do segundo. É moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir a algunha destas sesións de aula -fixaranse ó longo do curso- (se alguén non puider ir a ningunha, deberá fixar unha titoría co docente).
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas.
Lección maxistral Nela o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas, directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase levar os contidos da materia ó día.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, para iso, ficheiros en formato pdf (por veces o profesor tamén os poderá enviar por correo electrónico).
Actividades introdutorias Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso. Entregarase un cronograma da materia.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. En todo caso o docente faralles chegar o cronograma da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000