Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando sexa máis do 80% delas, así como a participación activa nelas. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL esta puntuación súmase á parte "Resolución de problemas ou exercicios" 5 A2
A5
B7
C1
C21
D5
D12
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar nas datas indicadas a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente e, obrigatoriamente, o resumo crítico de tres artigos que se indican na "Bibliografía" (antes do 13 de decembro).Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. O alumnado de avaliación única deberán realizar obligatoriamente un "Traballo titorado", para o cal deberán pórse en contacto co profesor.
O dito anteriormente é tamén válido para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL.
25 A1
A5
B1
B7
C1
C5
C17
C21
D1
D2
D8
D11
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita de resposta curta na última semana de clase (provisionalmente o 13 de decembro) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba coincidirá o mesmo día cás probas de resposta longa. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizará os exames sempre de xeito presencial na mesma data có resto do alumnado.
O alumnado de avaliación única, sexa semipresencial ou presencial, realizará este exame escrito na data que dispoña o calendario oficial de exames de decembro/xaneiro da Facultade.
30 B2
B7
C1
C5
C8
C17
C21
D1
D2
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha proba escrita de resposta longa na última semana de clase sobre os contidos teórico-prácticos da materia (provisionalmente o 13 de decembro). Esta proba coincidirá o mesmo día cás probas de resposta curta. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizará os exames sempre de xeito presencial na mesma data có resto do alumnado.
O alumnado de avaliación única, sexa semipresencial ou presencial, realizará este exame escrito na data que dispoña o calendario oficial de exames de decembro/xaneiro da Facultade.
30 B2
B7
C1
C5
C8
C17
C21
D2
D10
Outras Realizarase unha proba oral na semana final do cuadrimestre. Nela o estudante deberá demostrar que domina o estándar fónico galego, sobre todo os trazos fónicos
individulizadores. Será necesario superar esta proba para aprobar a materia.
10 C1
C17
C21
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Existen dous sistemas de avaliación da materia:
a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de
avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. É  obrigatorio entregar os tres  resumos de bibliografía antes do 13 de decembro. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o/a alumno/a, polo menos, deberá ter aprobado os apartados de "Probas de resposta curta" e "Probas de resposta longa"; estes exames escritos realizaranse na última semana de clase, provisionalmente o 13 de decembro. De non superar a materia na convocatoria de decembro/xaneiro, o alumnado deberá realizar un exame escrito na convocatoria oficial de xullo. Na semana final de clases tamén se realizará un exame oral individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia regular ás clases e a entrega das tarefas deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de xaneiro/decembro deberá entregar obrigatoriamente un "Traballo tutelado" (20% da nota final) o día do exame escrito e examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame escrito final único (70%) que se celebrará na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade; ese mesmo día farase tamén un exame oral (10% da nota). De non superar a materia en decembro/xaneiro, o alumnado deberá repetir as partes suspensas na convocatoria de xullo, na data que dispoña a Facultade. O/A alumno/a deberá superar obrigatoriamente o exame oral para aprobar a materia. O "Traballo tutelado" consistirá na gravación, transcrición e comentario dun texto do galego oral. Deberán poñerse en contacto co profesor para máis detalles deste traballo. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000