Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua galega
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Existe a posibilidade para o alumnado SEMIPRESENCIAL da gravación en vídeo das clases maxistrais.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo cando así o requira o alumnado en canto ás directrices que debe seguir na resolución de actividades ou nos comentarios dos erros cometidos nas prácticas que se manden entregar como parte da avaliación. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizaranse tres sesións presenciais, tipo SEMINARIO, distribuídas ó longo do cuadrimestre (provisionalmente últimas semanas de febreiro, marzo e abril), co fin de que o alumnado poida solucionar dúbidas e solicitar explicacións sobre puntos concretos do temario. Así mesmo será atendido en horas de titoría vía e-mail na maior rapidez posible.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000