Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Son as horas que o docente dedica a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas
dos traballos, exercicios, comentarios e transcricións fonéticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado traia previamente traballado ese material.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic ou, no seu caso, en fotocopia ou PDF; o profesor poderá facerllos chegar tamén a través de e-mail. Segundo dispoñibilidade na Facultade, existe a posibilidade de gravación en vídeo destas aulas.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma O docente entregará actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados con contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á transcrición e ó comentario fonéticos de textos de diferente tipo e rexistro. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados. O profesor dará indicación daqueles que son avaliables.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL o profesor colgará no Faitic ou fará chegar vía e-mail estas actividades e deixará un tempo prudencial para a súa resolución. Despois, enviaranse as solucións para a súa autocomprobación.
Actividades introdutorias Son actividades que se realizan o primeiro día de clase, encamiñadas a expoñer os obxectivos e presentar os contidos e principais tarefas do curso así como a bibliografía da materia. Especificamente pídese ó alumnado a familiarización o antes posible cos símbolos fonéticos do AFI, dos cales se reparte material de estudo ese día.

Sería conveniente que o alumnado SEMIPRESENCIAL acudise a esta sesión de presentación. Ese día dáse material fotocopiado da materia.
Eventos docentes y/o divulgativos Son horas dedicadas polo alumnado a acudir a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates etc. realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Poden ser fóra do horario escolar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000