Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua galega
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Fonética e fonoloxía da lingua galega Código V01G400V01902
Titulación
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía galega e latina
Coordinador/a
Fernández Salgado, Xosé Antonio
Correo-e xsalgado@uvigo.es
Profesorado
Fernández Salgado, Xosé Antonio
Web http://https://uvigo.academia.edu/Xos%C3%A9AntonioFern%C3%A1ndezsalgado
Descrición xeral Pártese da delimitación e caracterización das dúas disciplinas, Fonética e Fonoloxía, e abórdase logo a descrición do sistema vocálico galego, tónico e átono, a sílaba e os ditongos, o sistema consonántico, para rematar no nivel suprasegmental con todo o referido á prosodia. Dedícase especial atención á mellora da fonética e da prosodia do alumnado, alí onde son máis apreciables as interferencias do castelán, coa proposta de actividades de carácter oral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000