Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura en lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Avaliación da capacidade analítica, crítica e argumentativa a través de debates e comentario de textos 15 A1
A2
B1
B2
B5
D10
Probas de resposta curta Resolución de preguntas breves sobre diferentes aspectos dos contidos da materia (aspectos xerais e aspectos relativos ás obras de lectura obligatoria) 20 A1
A2
B1
B2
B5
C6
C9
D8
D10
D11
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame. Proba escrita sobre algún aspecto das obras de lectura obligatoria, así como comentarios dalgún fragmento das mesmas. O coñecemento dos contidos expostos nas sesións maxistrais serán avaliados tamén a través destas probas 65 A1
A2
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. AVALIACIÓN CONTINUA (asistencia ás clases, 80%)

A nota final resultará da suma das cualificacións dos traballos de aula, as probas de resposta curta e un exame que constará de probas de resposta longa así como tamén dalgún comentario sobre un fragmento sacado dunha das obras de lectura obrigatoria. 

Será requisito para aprobar cada unha destas actividades a correcta expresión oral e escrita (uso pertinente dos signos de puntuación, corrección ortográfica, orde e claridade na exposición e limpeza dos exercicios).

A data do exame será a mesma que a da avaliación única, fixada oficialmente pola Facultade. 

2.  AVALIACIÓN ÚNICA

As alumnas e alumnos que non poidan asistir ás clases terán que realizar, ademais do exame (na data fixada pola Facultade), un traballo sobre algún aspecto relativo ós contidos da materia. Por esta razón, é importante que se poñan en contacto coa profesora nas primeiras semanas do cuadrimestre.

Neste caso, o valor do traballo será do 30% e o do exame do 70%, sendo preciso aprobar o exame para sumar a nota do traballo. 

Proceden, igualmente, para aprobar, os requisitos indicados a propósito da avaliación continua.


3. SEMIPRESENCIALIDADE:

O alumnado que opte pola semipresencialidade terá que responder a probas de resposta curta y de resposta longa (ben en forma de ensaio o de análise de textos). As primeiras desenvolveranse a través da plataforma virtual e as segundas a través dun exame que se celebrará na mesma data fixada pola Facultade para a avaliación única. Terá que realizar tamén un breve traballo, sobre algún tema ou aspecto relativo aos contenidos da materia, que poña de manifesto a súa capacidade crítica e analítica. O tema deste traballo facilitarase a través da plataforma virtual.

4. CONVOCATORIA DE XULLO. Terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. Nesta convocatoria, a avaliación consistirá en probas de resposta curta e longa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000