Resolución de problemas |
Aplicación dos contidos teóricos á resolución de prácticas, que deberán ser resoltas na casa polo alumno e posteriormente corrixidas en clase.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) as prácticas de cada un dos temas -que, vía electrónica e/ou en titorías, poderán ser comentadas co profesor. |
Titoría en grupo |
Consulta de dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
Tamén o alumnado semipresencial poderá concertar co profesor titorías específicas (en grupo ou individuais, e tanto presenciais coma vía electrónica) encamiñadas a resolver as súas dúbidas na preparación da materia (contidos básicos e lecturas obrigatorias), na realización das prácticas ordinarias ou na do traballo final de curso. |