Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas O alumnado presencial e semipresencial recibirá atención personalizada para clarificar e resolver dúbidas sobre problemas e exercicios, que terá lugar no despacho do profesor e nalgúns casos a través de faitic e do correo electrónico. Dende a coordinación de grao ou por iniciativa do propio docente da materia hanse establecer datas concretas para que o alumnado semipresencial acuda a falar co profesor. O alumnado presencial e semipresencial tamén poderá acudir ao despacho do profesor a resolver poblemas e exercicios durante as horas de titorías ou noutras que previamente acorde co docente. Recoméndase ao alumnado o emprego regular destes medios para a mellor comprensión e asimilación dos contidos da materia.
Traballo tutelado O alumnado presencial e semipresencial recibirá atención personalizada para resolver dúbidas e problemas relacionados cos traballos que debe realizar. Recoméndase ao alumnado o emprego regular destes medios para a mellor comprensión e asimilación dos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000