Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos docentes y/o divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates etc., impartidos por relatores de prestixio e que complementen a formación do alumnado.
O alumnado semipresencial terá información destas actividades.
Resolución de problemas Acitividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia contida en cada un dos bloques temáticos e subapartados. Para o alumnado semipresencial faranse seminarios especiais cada tres semanas para resolución de problemas e exercicios.
Presentacións/exposicións Exposición inidividual oral por parte do alumnado dun traballo sobre un dos subtemas do programa. O alumnado semipresencial fará estas exposicións nas sesións de seminarios ou titorías expresamente sinaladas para el.
Traballo tutelado Elaboración dun traballo proposto polo docente que permita avaliar o coñecemento oral e escrito do alumnado no relativo ao dominio da lingua, técnicas e métodos de comunicación e exposición etc. Nas titorías ou seminarios para alumnado semipresencial tamén se avaliará a corrección oral.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre un tema, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas, directrices dun traballo ou exercicio etc. Ao alumnado semipresencial facilitaráselle por teledocencia todo tipo de materiais empregados nas aulas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000