Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Crítica literaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e a presentar a materia.

Asistencia obrigada para o alumnado semi presencial
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia pola profesora. O alumnado semipresencial terá tres sesións deseñadas específicamente, ás que pode asistir ou non. Serán sesións de dúas horas de carácter teórico e práctico (ás prácticas funcionarán a modo de pequenos obradoiros e serán avaliadas como tales).
Resolución de problemas Son traballos específicos sobre figuras retóricas, fundamentalmente sobre tropos, segundo os principios metodolóxicos expostos nas clases.

Obradoiro Traballos sobre a lingua poética nos seus niveis teóricos e críticos
Presentacións/exposicións O alumnado debe expor e defender oralmente o traballo de análise formal feito sobre os textos poéticos que proceda. O alumnado semipresencial non está exento desta proba.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000