Lección maxistral |
Introdución aos conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en lecturas complementarias e en comentarios e discusións na propia clase.
Os alumnos semipresenciais deberán realizar as lecturas que se indiquen, e recibirán apoio complementario de profesores e compañeiros mediante plataformas dixitais. |
Resolución de problemas |
Problemas e exercicios relacionados coa análise estrutural das linguas e a análise discursiva.
Semanalmente, os estudantes deberán realizar problemas e exercicios relacionados coa clase teórica semanal, para entregar mediante plataformas dixitais e/ou presencialmente na clase práctica semanal, onde se comentarán eses exercicios e recibirán retroalimentación
Os alumnos semipresenciais deberán realizar os mesmos exercicios, en cantidade e calidade, que os alumnos presenciais, pero poderán entregalos por medios dixitais e recibir retroalimentación do mesmo xeito |
Traballos de aula |
Actividades destinadas a fixación, ampliación e aplicación dos conceptos básicos relacionados coa temática da materia.
Son actividades de periodicidade tamén semanal, complementarias das clases teóricas e dos problemas e exercicios, pero máis destinadas á fixación de conceptos, para realizar na aula e/ou nas plataformas dixitais.
Os alumnos semipresenciais poderán realizar actividades equivalentes, en cantidade e calidade, e entregalas por medios dixitais. Recibirán retroalimentación tamén por medio das plataformas dixitais. |