Traballos de aula |
Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e compromiso coa propia aprendizaxe dos contidos que se avalían e a capacidade crítica. A redacción é un contido implícito desta materia, e, polo tanto, será tamén avaliada.
|
30 |
A1 A2
|
B7
|
C6 C7
|
D2
|
A avaliación será continua, o que implica asistencia, participación na aula e elaboración de traballos de índole diversa. Se non pode seguir a avaliación continua a alumna/o deberá comunicarllo argumentadamente á profesora. Isto é válido para o alumnado semipresencial. Se decide non concurrir ou non realizar ás distintas probas deseñadas para a avliación continuada, será avaliado mediante proba única. Se a alumna/o prevé a imposibilidade de asistencia ás clases, deberá comunicarllo e xustificarllo á profesora. Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do cuadrimestre en horario de aulas. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e lecturas do programa. A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo). Na proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia íntegra |