Outros comentarios e avaliación de xullo As/Os
estudantes deberán escoller, de forma obrigatória nas primeiras duas semanas do
quadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua
(cf. supra a descrición en “Avaliación”)
ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. Avaliación continua Dado
que se trata do ensino dunha lingua estranxeira é moi recomendábel asistir con
regularidade ás aulas. Quen non ten posibilidade de asistir a un mínimo de 80%
das aulas debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de
probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá
a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta. A
data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación
única recollida no calendario oficial da FFT. A
avaliación única consiste dunha
proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas
de aula contiguas. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia e, en caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas
na convocatoria de xullo. A
avaliación única valorarase da seguinte forma: 1.
Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final. 2.
Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a
participación nela suporá o consentimento da gravación. É
preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. A
non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención dunha
cualificación de 0 (cero) puntos na mesma. Segunda edición das actas Os
mesmos criterios de avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas
(xullo). O
alumnado de avaliación continua que non supere a materia na primeira
convocatoria e teña que acudir á segunda edición das actas terá que examinarse
EXCLUSIVAMENTE da parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou
escrito). A
copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única será
penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. En
todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás titorías e a consulta
dos materiais e informacións específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se
siga o sistema de avaliación continua. Alumnado semi-presencial Ao alumnado
semi-presencial ofréceselle unha titoría semanal. Para quen teña a oportunidade,
recoméndaselle asistir regularmente a estas titorías. En todo caso, o
ensino semi-presencial dunha lingua estranxeira requere unha disciplina
importante de autoestudo seguindo as indicacións do profesorado e o uso
imprescindíbel da plataforma FAITIC dende o primeiro día de clases. Quen se incorpora a
este sistema a partir das últimas convocatórias de matrícula, debe contactar co
profesorado inmediatamente e recuperar pola súa conta os temas xa impartidos
desde setembro. A aprendizaxe
semi-presencial de lingua portuguesa requere unha rutina de traballo
individual, moita disciplina, un horario e hábitos de lectura e de audición en
lingua portuguesa a diario. A avaliación
continua do alumnado semi-presencial implica a realización dos exercicios
indicados polo profesorado a través da plataforma FAITIC, dentro dos prazos
indicados, como tamén a asistencia a un 50 % das titorías específicas
previstas. Quen non poida realizar estes exercicios dentro dos prazos, ou non
poida asistir a un 50 % das titorías específicas, terá que realizar os exames
escrito e oral da avaliación única (cf.
supra). |