Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballos de aula Tanto nas horas introdutorias como nas que se dedican ás tutorías en grupo, ambas as dúas en horario presencial, exporemos ao alumnado a metodoloxía da materia, así coma o seu seguimento e os procedementos de avaliación de cada un dos apartados que constan na guía. Tamén o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Eventos docentes y/o divulgativos Inclúense dúas horas presenciais para a asistencia a conferencias por parte de expertos nos estudos literarios que han de xerar un traballo persoal ao alumnado, redactando un informe que se entregará na semana seguinte ao evento.
Traballo tutelado Tanto o alumnado presencial como semipresencial terá que realizar traballos tutelados polos profesores, que ofrecerán as explicacións e farán o seguimento dos mesmos.
Probas Descrición
Traballos e proxectos Metodoloxía correspondente á segunda parte da materia. Ao alumnado entregaráselle o título do traballo que terá que facer, así como a metodoloxía e os procedementos de avaliación, e se fará un seguimento do mesmo. Tamén o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000