todas as probas propostas son obrigatorias. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na
poderá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia. Gardarase a parte aprobada para xullo no caso de habela.
de tradución profesional. A data de entrega será
.
.
.
2 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, o de
avaliación única, haberá dúas convocatorias de exame:
maio-xuño (data oficial) e
xullo (data oficial). O exame consistirá na realización dun traballo de tradución directa (inglés-galego), así como dunha proba de respostas curtas e longas sobre as lecturas que aparecen marcadas como "
[lectura obrigatoria]" na bibliografía. Non se permitirá empregar materiais auxiliares, nin ordenador na parte de respostas sobre lecturas. Deberá superar as dúas probas para facer media. Non se gardará para xullo a parte aprobada en xuño no caso de habela.
b) Baremo e outros comentarios
O baremo é
o seguinte:
1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.
Os erros ortograficogramaticais, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.
2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00Contrasentido (CS): -1,00
Omisións (Om): -1,00
Erro de gramática (G): -0,50
Erro de sintaxe (S): -0,50
Erro de ortografía (O): -0,25
Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar.