1. A avaliación continua so está vinculada á primeira convocatoria e a nota correspondente a ela resultará das intervencións do alumnado na clase e da resolución de exercicios expostos ao longo do cuadrimestre. 2. A avaliación única constará da proba tipo test e do traballo documental, cada un deles valerá, en este caso, o 50% da nota final. 3. O dereito á avaliación continua pérdese despois de 4 ausencias inxustificadas a sendas sesións nas que se haxa requirido a intervención do/a alumno/a, para o estudo de casos ou a resolución de exercicios. 4. Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar independentemente a proba tipo test e o traballo documental. Polo tanto, si un/ha alumno/a non supera unha parte da materia, na acta aparecerá como suspenso/a; se supera unha parte e non se presenta á outra, na acta aparecerá como non presentado/a. 5. Ao final do cuadrimestre, si o /a docente o considera necesario, poderá convocar ao alumnado individualmente coa finalidade de obter información complementaria -relacionada cos seus coñecementos e habilidades- que lle permita optimizar a súa avaliación. 6. Para poder dar conta da avaliación continua, é necesario que o alumnado entregue ao profesorado unha ficha de materia cos seus datos persoais e fotografía. Esta ficha entregarase persoalmente nos quince primeiros días de clase. 7. Para a avaliación final dos aspectos teóricos da materia, existirán dúas oportunidades: o exame final stricto sensu -que terá lugar na data fixada polo decanato e ao que deberán presentarse o alumnado de avaliación única- e o “exame previo” -que realizarase durante a semana previa o exame final-, ambos do mesmo tipo e centrados nos mesmos contidos. O alumnado de avaliación continua que o desexe poderá presentarse o exame previo; quen o supere quedará liberado da parte teórica; quen non o supere ou non se presente ao exame previo deberá presentarse ao exame final. 8. O traballo documental entregarase o día da realización do exame final ou ben o día que se acorde co alumnado. 9. Na convocatoria de xullo, que vaise rexer polos mesmos criterios que a de xaneiro, o alumnado que teña presentarse á parte práctica faríano realizando un traballo documental distinto, no cal os documentos que se propuñan para a análise serán diferentes dos propostos na convocatoria de xaneiro. En canto a os/as que teñan que presentarse a la parte teórica, terán que realizar un novo exame tipo test para poder superala. 10. Todo o explicado na presente guía docente será tamén de aplicación para o alumnado de intercambio, que, por outra parte, deberá ter un bo nivel de competencia da lingua galega ou española que lles permita seguir as clases sen dificultade algunha. |