Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Participación nas sesións maxistrais sobre contidos relacionados coas lecturas previas e o seu coñecemento da lingua e da sociedade. 20 A3
A5
B6
B7
B11
B12
C124
C125
C126
C127
C128
C129
C130
C131
Resolución de problemas Probas curtas a realizar na clase ou na casa sobre un tema que se está a debater (reaction papers) 20 A3
A5
B1
B4
B6
B9
B10
B11
C124
C125
C126
C127
C129
C130
C131
Traballos e proxectos Presentación oral dun traballo sobre un tema asignado a principio de curso + Breve traballo escrito que recolla de modo coherente y estruturado os contidos da presentación oral 40 A3
A5
B1
B4
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C124
C125
C126
C127
C128
C129
C130
C131
Probas de resposta curta Exercicio escrito final de carácter experimental: Aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuatrimestre. 20 A5
B1
B4
B6
B9
B10
B11
C124
C125
C126
C127
C128
C130
C131
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Habida conta da relevancia da asistencia e participación no caso da avaliación continua, que é o tipo de avaliación que se empregará por defecto para esta materia, é aconsellable que todo o alumnado asista á clase con regularidade desde o comezo do curso. Na segunda sesión do curso estipulárase o traballo a realizar para a sección de traballos e proxectos individuais e en grupo e distribuirase e pautarase o cronograma de traballo a cubrir. 

Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas nas sesións maxistrais e seminarios (20%).

(2) Probas curtas a realizar na clase ou na casa sobre un tema que se está a debater (reaction papers) (20%).

(3) Presentación oral en horario de clase e Dossier (breve traballo escrito) dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. A data exacta será asignada ao comezo do curso (40%).

(4) Exercicio escrito final de carácter experimental (20%): Aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuadrimestre. Deberá entregarse antes do 21 de abril para a súa corrección por parte da profesora e para debater na derradeira semana de clase.

O alumnado cuxa media numérica de probas de avaliación continua na primeira edición de actas (maio) sexa suspenso poderá concorrer á proba oficial (un exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final) da segunda edición de actas en xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos canles habituais . 

O alumnado que non poida realizar as probas de avaliación continua terá que notificarllo argumentadamente á profesora a principio de curso. Este alumnado fará unha proba escrita na data oficial aprobada en Xunta de Facultade para a avaliación única no mes de maio, que contará o 100% da nota. De suspender esta proba, poderá concorrer á proba oficial (un exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final) da segunda edición de actas en xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos canles habituais .

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Constará dun exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final. A data será a data establecida no período oficial de exames en xullo aprobado en Xunta de Facultade.

ACLARACIÓNS:

Todas as datas das probas de avaliación continua (á excepción da do exame oficial de xullo) serán establecidas unha vez que sexan acordadas co alumnado na primeira semana de curso e serán publicadas nun cronograma que se publicará en FAITIC nesa mesma semana.  

En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000