Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise de textos escritos/orais do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame final de coñecementos básicos das distintas unidades do curso. 20 A1
A2
A5
B5
B8
C132
C136
C138
C140
C141
Traballos de aula Exercicios e actividades de aplicación e síntese baseados nas actividades das clases prácticas. 20 A2
A3
A5
B6
B8
B10
B12
B13
C133
C134
C138
C141
Presentacións/exposicións Traballo final e presentación sobre un aspecto do temario acordado ao principio do curso. 40 A2
A3
A4
A5
B6
B8
B9
B10
B12
C135
C136
C140
C141
Prácticas autónomas a través de TIC Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios sobre aspectos prácticos do temario ao remate de cada unidade por medio de cuestionarios. 20 A1
A5
B4
B12
C136
C141
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O sistema de avaliación recomendado para este curso
é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de
xeito regular
nas tarefas de aula e presentar os traballos e exercicios requiridos
conforme
aos prazos establecidos ao comezo do curso. O exame final de
coñecementos
básicos realizarase na mesma data oficial do exame de avaliación única fixada pola Xunta de FFT no período de exames. As presentacións dos traballos faranse nas tres semanas finais do curso.

As
alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira
edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de
actas en xullo aquelas partes da avaliación que non foron aprobadas.
Gardarase a nota das partes aprobadas e as
porcentaxes da cualificación final non variarán.
O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o
seguinte:

  1. Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de
    coñecementos básicos das mesmas características do primeiro.
  2. Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba
    escrita con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e o mesmo nivel  nivel de
    coñecementos dos exercicios e actividades que foron avaliadas nas sesións presenciais.
  3. Presentacións/exposicións. A/O alumno/a terá que volverse presentar unha vez corrixidas as deficiencias
    e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co
    profesorado da materia.
  4. Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por
    medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos
    exercicios en liña durante o curso.

Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os
requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicarllo de xeito
razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación
continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame
global e comprensivo que constará de tres partes.


  1. Acreditación do seu coñecemento
    teórico e práctico dos contidos fundamentais da materia por medio de preguntas
    tipo tema (40% da cualificación final).
  2. Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos
    realizados na aula e na TIC no sistema de
    avaliación continua (50% da cualificación final).
  3. Un suposto práctico: A elaboración
    dun esquema razoado (un resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos
    que inclúa unha primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos,
    as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto (10%
    da cualificación final). 

Este exame terá lugar no período de exames na data oficial establecida pola Xunta de Facultade

As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de
avaliación única na primeira edición das actas en maio terán que repetir e
superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan
suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da
cualificación final non variarán.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non se presente á avaliación continua ou á avaliación única terá que facer o exame de
xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das
actas. A data da segunda edición de actas será a data oficial aprobada pola Xunta da FFT. O exame será do mesmo tipo que na avaliación única. Constará das mesmas partes e porcentaxes: 

  1. Acreditación do seu coñecemento teórico e práctico dos contidos fundamentais da materia por medio de preguntas tipo tema (40% da cualificación final).
  2. Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos realizados na aula e na TIC no sistema de avaliación continua (50% da cualificación final).
  3. Un suposto práctico: A elaboración dun esquema razoado (un resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos que inclúa unha primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos, as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto (10% da cualificación final). 

NOTAS

O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso
deberá ter en conta que o nivel de inglés necesario para seguir as
clases adecuadamente é de competencia alta e nivel avanzado (C).

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000