Traballos tutelados |
Traballo escrito de extensión curta (5-6 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. |
40 |
|
|
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir con regularidade ás sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico (avaliación continua). Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente ó comezo do cuadrimestre, antes do remate da segunda semana lectiva (avaliación única). Independentemente do tipo de avaliación (continua ou única) o alumnado será avaliado coa proba presencial final (50% para continua, 60% para única sen prácticas breves) e co traballo tutelado (40%). As prácticas breves seranlle esixidas ó alumnado de avaliación continua, ainda que se así o manifesta, o alumnado de única poderá tamén entregalas no mesmo prazo ó longo do curso, co conseguinte valor de 10% na nota final. Polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. A proba presencial final terá lugar o día estipulado polo profesor ó remate das clases do primeiro cuadrimestre no periodo do 18 ó 22 de xaneiro para as dúas modalidades (continua/única). SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)O alumnado que non asista ou suspenda a avaliación continua/única (en todo ou en parte) será avaliado mediante unha única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.De ter algunha parte aprobada na primeira edición serialle gardada ó alumnado en xullo e teria que facer/entregar só a parte suspensa. |