Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01401
Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01602
 
Outros comentarios
- A asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. - Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais literarios e teórico-críticos proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. - Recoméndase igualmente facer uso dos recursos da Biblioteca, tanto electrónicos coma en papel. - O alumnado deberá ter acceso a Faitic e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais de lectura por parte da profesora. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. - A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a corrección lingüística e a presentación formal. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. - Non se permite o uso de ningún dispositivo electrónico durante as aulas. Tabletas, portátiles e teléfonos móbiles están rigorosamente prohibidos. - O alumnado deberá observar unhas normas básicas de decoro durante as aulas: chegar con puntualidade e non abandonar a aula até o remate da clase; manter unha postura axeitada e non comer durante o desenvolvemento da clase. INFORMATION OF INTEREST FOR EXCHANGE STUDENTS: - Students from areas not related with English Studies will not be admitted to the course. - The English level required to enter this course is C1. - The Galician language may be used in the practical classes. - The use of electronic devices (tablets, laptops and mobile phones) is strictly forbidden during the classes. - Students are expected to observe some basic classroom decorum, which includes arriving on time, not leaving the classroom until the end of the class, keeping an appropriate posture, and not eating during the class.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000