Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución e entrega de actividades/exercicios/problemas que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
B8
B10
B12
B13
C117
C118
C119
C120
C122
C123
Outros Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e realización das actividades encomendadas. As profesoras recompilarán esta información obterase por medio de observación sistemática nas sesións presenciais. 10 A1
A3
A4
B1
B3
B4
B6
B7
B8
B10
B11
B13
C118
C119
C120
C122
C123
Traballo tutelado Realización fóra da aula dun traballo individual ou en parellas supervisado e presentación oral do mesmo na aula. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C117
C118
C119
C120
C122
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Dúas probas parciais sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
C117
C118
C119
C120
C122
C123
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO)

1a) Avaliación continua

Para a avaliación continua computarán os
seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes
equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa nas sesións presenciais (ata 10%). Aínda que non existe obriga de presencialidade, valorarase positivamente a asistencia ás sesións presenciais.

(2) Dúas probas parciais (50%), que puntuarán
un 25% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo
as lecturas obrigatorias. A primeira abarcará os 3 primeiros temas e terá lugar
na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3;
a segunda proba terá lugar na data oficial de exames publicada polo decanato da FFT e abarcará os restantes temas. As datas das probas serán lembradas a
través da plataforma Faitic e na aula coa debida antelación.

(3)  Entrega de actividades puntuais (15%): resolución de exercicios, problemas ou actividades que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero.

(4) Un traballo escrito coa súa
correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un traballo individual ou en
parellas, segundo anuncie a profesora. A data será acordada coa profesora coa debida antelación.

É requisito para superar a avaliación continua acadar unha nota satisfactoria (polo menos un 4) en cada unhas das dúas probas parciais. Excepcionalmente admitirase unha nota máis baixa de 4 nunha das probas se a/o alumna/o acada unha nota alta na outra proba que a compense.

1b) Avaliación única

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos 15 primeiros días do curso. Estas/es alumnas/os serán avaliados en base a un único exame final que
computará coma o 100% da cualificación
. O exame abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na data oficial do exame publicada polo decanato da FFT. A data e hora serán recordadas a través
da plataforma Faitic coa debida antelación.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xullo, na que será avaliado do programa completo en base a un único
exame final.
O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará
como o 100% da cualificación.
O exame terá lugar na data oficial publicada polo decanato da FFT.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000