Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame teórico/práctico (comentario de texto) 30 A2
A5
B4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tres comentarios de texto (45% da nota) e un traballo de iniciación á investigación de 1500 palabras a partir dunha das obras de lectura obrigatoria (25% da nota). 70 A2
A5
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición das actas :  Para acollerse ao sistema de avaliación continua descrito arriba é necesario entregar todos os traballos. Datas aproximadas de entrega dos traballos: mediados de outubro, mediados de novembro e final de semestre, ultima quincena. Data do exame final: no período de exames, na data establecida no calendario oficial da FFT.

Avaliación continua: a nota resulta da suma das notas de todos os traballos entregados (os traballos non entregados contan 0, o plaxio implica 0). Os estudantes que suspendan farán o exame final: valerá por o 100% da avaliación, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial da FFT.

Avaliación única: O exame para estudantes que non seguen a avaliación continua valerá por o 100% da avaliación, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial da FFT.

Segunda
edición das actas
: Os
alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas farán un segundo exame en xullo que valerá por o 100% da avaliación, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial da FFT.

-- Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade.

NOTA BENE

--- A principio de curso indicaranse dúas obras de lectura obrigada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000