Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Significado e discurso do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Análise de textos escritos/orais do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01907
Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01901


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística: Describir a linguaxe/V01G180V01201
Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01402
Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés/V01G180V01403
Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01303
Adquisición e aprendizaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01501
Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés/V01G180V01503
 
Outros comentarios
1. Aqueloutros cursos complementarios cursados centrados en problemas de lingua, gramática, semántica, pragmática e comunicación (sobre todo na lingua inglesa) serán de utilidade. 2. Recoméndase empregar os recursos da biblioteca dun xeito regular e eficaz no estudio e na redacción de traballos e presentacións. 3. Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feito as lecturas obrigatorias correspondentes, así como ter revisado os apuntamentos das clases maxistrais. 4. Recoméndase a consulta regular da plataforma Faitic, xa que a través dela o profesorado fará anuncios e porá a disposición do alumnado materiais necesarios para un óptimo aproveitamento das sesións presenciais. 5. Competencias previas desexables: - Bo coñecemento da lingua inglesa: nivel avanzado C1. - Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca. - Manexo básico de ferramentas informáticas e internet. 6. Durante as clases, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (iPhone, tableta, PDA ou similares) nin computadores, a non ser que a docente permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica. 7. Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polo profesorado na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia. 8. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. 9. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. 10. O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso deberá ter en conta que o nivel de inglés necesario para seguir as clases adecuadamente é avanzado (C1).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000