Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde.
10
A5
C1 C12 C13
D5
Presentacións/exposicións
Valoración da aportación persoal do alumnado á materia.
10
A5
C4 C8 C10 C12 C13
D5
Probas de resposta curta
Proba escrita de contido léxico, gramatical e cultural.
80
C1 C4 C8 C10 C12 C13
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. Os traballos de aula desenvolveranse semanalmente e a proba escrita realizarase na derradeira semana de clase. O alumnado que suspenda será examinado de toda a materia de acordo ao exposto máis abaixo, referente á convocatoria de xullo.
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis un traballo escrito extenso (superior a 15 páxinas) de carácter lingüístico ou cultural concertado co profesorado para superala. Ambos polo 50% da nota, respectivamente. Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 50% da nota; este alumnado terá que facer tamén un traballo escrito extenso (superior a 15 páxinas) de carácter lingüístico ou cultural concertado co profesorado para superar a materia. Este traballo ten un valor do 50% da nota. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000