Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios en liña semellantes e complementarios aos discutidos nas clases de grupo único durante o curso empregando o software proporcionado polo libro de texto. O alumnado terá que subir evidencias do seu traballo de xeito regular á plataforma de autoaprendizaxe Faitic Tema. (Use of English) 10 A1
A5
B5
B12
C1
Presentación Tres presentacións orais nos grupos de prácticas para o desenvolvemento da destreza de expresión oral e a competencia comunicativa (Speaking). Os temas e o calendario serán fixados polo profesorado das clases prácticas despois da organización dos grupos ao comezo das sesións presenciais. 20 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C9
C12
Exame de preguntas obxectivas Exame final comprensivo dos temas de gramática e vocabulario ( Use of English) impartidos ao longo do curso con exercicios tipo exame de Cambridge Proficiency e similares aos das unidades do libro de texto e o material complementario compartido na plataforma faitic. 20 B10
B13
C1
C8
C11
C12
Traballo 4 Traballos escritos que avaliarán a destreza de expresión escrita (writing). As datas de entrega fixaranse na plataforma faitic ao comezo do curso 20 A3
A4
A5
B9
B10
B11
B13
C2
C9
C11
C12
Probas de resposta curta Dúas probas tipo test para avaliar as destrezas de comprensión oral e escrita (Listening 15%, Reading 15%) 30 A1
B10
B13
C1
C2
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O sistema de avaliación recomendado para este curso de inglés avanzado é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de xeito regular e activo nas tarefas de aula e presentar os traballos, exercicios e presentacións, requiridos conforme aos prazos establecidos ao comezo do curso. O exame final comprensivo (Use of English: grammar and vocabulary) tipo test terá lugar na data oficial acordada e publicada na páxina web da facultade. 

O alumnado poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2) e ten que optar por escrito na
segunda semana de clase asinando o documento específico.


A.1) Avaliación continua
Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma. Para acollerse ao sistema de avaliación continua, se recomenda ao alumnado asistir e participar con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas así como realizar as tarefas e exercicios que se lle requiran. Para superar a avaliación continua será necesario:


       1) Aprobar cada unha das destrezas comunicativas (writing: 20%, speaking: 20%, reading: 15% e listening: 15%) e a       destreza lingüística (use of English: exercicios en liña : 10% e exame final: 20%)

Na segunda edición de actas (xullo ) o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.


       2) Realizar 4 traballos escritos (20%), 3 presentacións orais (20%), 2 probas de comprensión escrita (15%) , 2 probas de comprensión oral (15%) e exercicios en liña de seguimento das unidades do libro de texto (10%). As datas de entrega dos traballos e da realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic. Toda esta parte computará o 80% da cualificación final.


      3) Aprobar unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os contidos lingüísticos (use of English: grammar and vocabulary). Esta parte computará o 20%. A proba final realizarase na data establecida no calendario oficial de exames
aprobado en xunta de FFT.

As alumnas ou alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes da avaliación que non foron aprobadas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán.

A.2) Avaliación única

Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicarllo de xeito razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame global e comprensivo sobre a materia e as destrezas do curso conforme ás seguintes porcentaxes:

1) Gramática e vocabulario (Use of English) (30% da cualificación final)

2) Expresión escrita (20% da cualificación final)

3) Expresión oral (20% da cualificación final)

4) Comprensión oral (15% da cualificación final)

5) Comprensión escrita (15% da cualificación final)

Este exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames aprobado en xunta de FFT.

As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das actas en decembro terán que repetir e superar na segunda edición de actas, en xullo, aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán. 


B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non se presente á avaliación continua ou á avaliación única na primeira edición das actas terá que facer un exame das mesmas características que o exame de avaliación única de decembro, coas mesmas cinco partes e as mesmas porcentaxes:

1) Gramática e vocabulario (Use of English) (30% da cualificación final)

2) Expresión escrita (20% da cualificación final)

3) Expresión oral (20% da cualificación final)

4) Comprensión oral (15% da cualificación final)

5) Comprensión escrita (15% da cualificación final)

 Este exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames aprobado en xunta de FFT.

NOTAS

O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso deberá ter en conta que o libro de texto e os materiais de clases complementarios están encamiñados á preparación do Cambridge Proficiency Exam e outros títulos semellantes de nivel C (C1-C-2).

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

O uso de diccionarios, ordenadores ou outros aparellos electrónicos, con o sin conexión a internet, non está permitido durante as probas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000