O sistema de avaliación recomendado para este curso de inglés avanzado é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de xeito regular e activo nas tarefas de aula e presentar os traballos, exercicios e presentacións, requiridos conforme aos prazos establecidos ao comezo do curso. O exame final comprensivo tipo test e as presentacións terán lugar na derradeira semana do curso. As alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes da avaliación que non foron aprobadas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán. O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o seguinte:. - Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha nova proba con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e o mesmo nivel de coñecementos dos exercicios e actividades que foron avaliadas nas sesións presenciais.
- Presentacións/exposicións. A/O alumno/a terá que volver a presentar os seus traballos unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co profesorado da materia.
- Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos exercicios en liña durante o curso.
- Probas tipo test. Farase un novo exame das mesmas características do primeiro.
- Traballo e proxecto final. Haberá que entregar o traballo de novo, unha vez corrixido e repitir a presentación.
Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicarllo de xeito razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame global e comprensivo sobre a materia e as destrezas do curso conforme aos seguintes porcentaxes: 1) Gramática e uso do inglés (25% da cualificación final), 2) Vocabulario e lectura. (20% da cualificación final), 3) Escoita (15% da cualificación final), 4) Escrita (20% da cualificación final), 5 (Fala) (20% da cualificación final).
Este exame terá lugar na semana seguinte ao remate das clases presenciais. As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das actas en maio terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán. O alumnado que non se presente á avaliación continua ou á avaliación única terá que facer o exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das actas. O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso deberá ter en conta que o libro de texto e os materiais de clases complementarios están encamiñados á preparación do Cambridge Proficiency Exam e outros títulos semellantes de nivel C (C1-C-2). A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística en todos os casos. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
|