Traballos tutelados |
Traballos escritos nos que se constrúan argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos razoamentos. |
30 |
A2
|
|
C2 C5 C6 C9 C11
|
D2 D3 D4
|
O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas fixas de entrega, que será durante a semana despois do periodo de traballo autónomo. O exame será durante a última sesión de clases teóricas. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa claridade e corrección lingüística. Avaliación ünica O antedito sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir con regularidade ás sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesorado da materia ao principio do cuadrimestre. Deberán facer o exame como o resto do alumnado e esta nota suporá o 100% da nota final. Segunda edición de actas (en xullo) Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe algunha das partes nas que se divide a avaliación poderá volver a intentalo nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, podendo conservar as outras notas. Para o alumnado que non teña ningunha nota de avaliación continua, o exame contará o 100% da nota final. Esta proba será o día e hora que marque o calendario oficial de exames. |