Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Adquisición e aprendizaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Presentacións feitas ao longo do curso 10 A2
A4
B1
B10
C108
C111
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Probas orais e/ou escritas sobre os temas tratados no curso. Estará dividida en dúas partes, 45% cada unha 90 A1
A2
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B12
B13
C108
C109
C110
C111
C112
C113
C115
C116
C149
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición de actas: avaliación continua

Haberá dúas probas que contarán un 90% da nota final (45% cada proba). Poden ser orais ou escritas, de ser escritas unha delas pode consistir nun traballo. A primeira proba será a mediados de curso e a segunda a finais. O 10% da nota restante serán as presentacións feitas polo alumnado na clase. A nota final será a suma desas tres notas.  Se a nota final é suspenso, o alumnado deberá examinarse de toda a materia na segunda edición de actas. As probas faranse durante o periodo lectivo.

As presentacións feitas na clase non son recuperables. A non
entrega dun traballo en tempo e forma de traballos ou de presentacións puntuará como cero.

Os alumnos que non poidan asistir a algunha das probas sexa cal sexa o motivo, deberán facer esa proba o día da proba de avaliación única. Este examen será na data marcada no periodo de exames no calendario aprobado na Xunta da FFT.

O alumnado que non curse a modalidade de avaliación continua deberá
explicar razoadamente e por escrito os seus motivos nas dúas primeiras
semanas do curso.

1ª edición de actas: avaliación única.

O alumnado que non se acolla á avaliación continua fará un exame de avaliación única con contidos teóricos e prácticos. Este exame computará coma o 100% da nota: a expresión formal contará un 50% e os contidos 50%.

Este examen será na data marcada no periodo de exames no calendario aprobado na Xunta da FFT.

2ª edición de actas

A segunda edición de actas (xullo) consistirá nunha proba cunha serie de cuestións teóricas e problemas para resolver semellantes aos que se teñan feito na clase. Este exame único final terá lugar no periodo de exames do mes de xullo, na data oficial fixada aprobada pola Xunta de FFT. Este exame computará coma o 100% da nota e terase en conta tanto o contido coma a expresión lingüistica, que contarán como un 50% cada unha.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000