Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación de exercicios de comprensión escrita/expresión escrita (20% da nota); dun exercicio de comprensión oral (20%); un traballo a partir dunha lectura obrigada/tema de civilización (20% da nota). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B10
C16
C17
Práctica de laboratorio Exame de expresión escrita e de expresión oral. 40 A2
A3
A4
B10
C16
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas.

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba.

Para aprobar a materia será
necesario entregar os traballos nos prazos requiridos e ter un mínimo de 4,5 en cada parte. As probas non entregadas contarán como
un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa
profesora ao comezo do curso. Nese caso poderá
examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de
avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escrita, 50% o oral e 50% o escrito. É necesario aprobar
as dúas probas (oral, escrito) cun mínimo de 5 en cada unha para poder superar a materia. O exame
escrito e oral terá lugar no período de exames na data do calendario
aprobada pola Xunta de Facultade.

Segunda edición de actas
(xullo)

Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresión
oral e escrita que contará o 100% da nota para o alumnado que non superara
a materia na primeira edición, 50% o
oral e 50% o escrito. É necesario aprobar as dúas partes (cun mínimo de 5 en cada unha)
para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de exames
na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000