Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro III: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
C17
C18
C19
C147
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 A3
A4
B5
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua



A avaliación e conseguinte cualificación do
traballo de clase do alumnado que asiste con regularidade ás sesión presenciais levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes
descritas máis arriba. 

A proba escrita final realizarase na mesma data fixada
no calendario oficial de exames publicado polo Decanato da FFT para o exame de avaliación única.

Avaliación única


O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua terá que xustificalo de forma razoada nas primeiras semanas do curso e deberá realizar un
exame escrito sobre os contidos da materia. Este exame se realizará na data oficial fixada no calendario publicado polo Decanato da FFT. Haberá tamén outra proba oral noutra data posterior concertada co profesorado para superala. O exame escrito ten un valor do 80% e a proba oral un valor do 20% da cualificación.

Tanto no caso da avaliación continua, como da
avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 sobre 10 para
superar a materia. Non se gardará a nota dos traballos de clase no caso de suspenso.

O plaxio supón un cero na avaliación.

Ademais dos contidos, a corrección lingüística tamén é un factor a ter en contra na avaliación.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades nas materias, publicados en FAITIC, e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

SEGUNDA
EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Aviación continua:
exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso
polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames publicado polo Decanato da FFT. 

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única, este exame
ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral
polo 20% da cualificación para superar a materia. 

 A nota do exame escrito tanto no caso da avaliación continua como no da avaliación única non
deberá ser inferior a 4 sobre 10 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha
data concertada co profesorado.

En calquera das convocatorias de
exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado
da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente
competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000