Traballo tutelado |
Elaboración individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado. Lectura anotada. |
10 |
A1 A2 A4
|
B3 B7
|
|
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula exercicios teórico-prácticos avaliables, sobre os contidos explicados en clase. |
10 |
|
|
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: Na 1ª edición das actas, o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar e presentar o traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha do tres probas finais, que terán lugar dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta de FFT.
O alumnado que, por motivos xustificados, non poida acollerse á avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: Lectura anotada: 25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%. Para aprobar a materia nesta modalidade, será necesario tamén obter 10/20 en cada unha das probas finais, que terán lugar dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta de FFT.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Na segunda edición das actas (xullo), o alumnado, tanto de avaliación continua como de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte da materia que non supere na primeira edición e manteranse as condicións e as porcentaxes desta última. O exame correspondente terá lugar na data aprobada en Xunta de FFT.
Notas xerais:
O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.
|