Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial arredor da semana 8 do cuadrimestre, sobre os contidos vistos até ese momento.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
45 A1
A2
A4
B2
B3
B8
B9
B10
B11
B12
C142
C143
C144
C145
C150
C151
C152
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial na data oficial estabelecida pola Facultade, sobre o resto de contidos vistos nas aulas.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
45 A1
A2
A4
B2
B3
B8
B9
B10
B11
B12
C142
C143
C144
C145
C150
C151
C152
Probas de resposta curta Proba escrita sobre a novela de lectura obrigatoria Never Far From Nowhere, de Andrea Levy. Constará de preguntas curtas sobre o texto. Realizarase na mesma data do 2º parcial e do exame global final, que terán lugar na data oficial estabelecida pola Facultade. 10 A3
A5
B4
B5
B6
B7
C143
C144
C145
C146
C150
C151
C154
C155
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O proceso de avaliación descrito arriba está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás aulas. O alumnado que non poida asistir con regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicarllo á profesora ao comezo do cuadrimestre e será avaliado polo sistema de avaliación única explicado máis abaixo.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa profesora, con anterioridade á data de realización da proba, para estabelecer unha nova data.

O primeiro exame parcial terá lugar arredor da semana 8 do cuadrimestre e o segundo exame parcial realizarase na data oficial estabelecida no calendario de exames da FFT. A cualificación obtida en cada exame parcial computará polo 45% da cualificación final. No
caso de que a cualificación do primeiro parcial sexa igual ou superior
a 4, a/o estudante realizará o segundo parcial ao final do
cuadrimestre e esta parte da avaliación considerarase superada se a media dos dous exames é
como mínimo de 5 (cunha nota mínima de 4 en cada parte). No caso de que a cualificación do primeiro parcial non acade un 4, a/o estudante deberá realizar un exame global da materia coincidindo coa data do exame oficial. Este exame global computará polo 90% da cualificación final. A media dos dous exames parciais ou, de ser o caso, a nota do exame global deberá ser como mínimo de 5 para considerar superada esa parte da avaliación. De non ser así, deberá repetirse o exame global na avaliación de xullo.

A proba escrita sobre a lectura obrigatoria terá lugar o mesmo día ca o segundo exame parcial e o exame global. Para superar esta proba é preciso acadar un 5.

Todas as probas se cualificarán tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. A existencia de erros lingüísticos graves e/ou unha deficiente
presentación formal (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc)
causará unha penalización do 10% na cualificación final da proba en cuestión.

O alumnado avaliado por este sistema non se poderá presentar ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. Só se
realizará o cómputo global da materia se se acada como mínimo un 5 en cada
parte da avaliación (na proba sobre a lectura obrigatoria e na media dos dous exames parciais). A
cualificación global mínima para aprobar a materia é un 5.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan participar na avaliación continua. Neste caso, a/o alumna/o deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de comentario de textos e cuxa nota constituirá o 90% da cualificación final. O restante 10% corresponderá a unha proba escrita sobre o texto de lectura obrigatoria. Será preciso aprobar cada unha das probas cunha nota mínima de 5 para considerar a materia superada. Ambas as dúas probas terán lugar na data oficial estabelecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas de avaliación.

2. AVALIACIÓN DE XULLO

En xullo a avaliación levarase a cabo mediante un exame baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 90% da cualificación final. O restante 10% corresponderá a unha proba escrita sobre o texto de
lectura obrigatoria. Será preciso aprobar cada unha das probas cunha
nota mínima de 5 para considerar a materia superada. Ambos os dous exames terán lugar na data oficial de xuño/xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Ao alumnado de avaliación continua que na primeira edición de actas superara algunha das probas conservaráselle esa cualificación até xullo. Na segunda edición de actas este alumnado repetirá unicamente as probas non superadas.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000