Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Proba de contido especificamente gramatical e léxica. 15 A2
A3
A4
A5
B2
B3
C15
C16
C17
C21
C22
C147
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba na que a/o estudante demostrará a súa capacidade de comprensión dun texto escrito e/ou oral en lingua portuguesa, a súa capacidade de argumentar, así como a súa competencia escrita e/ou oral en lingua portuguesa. 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C147
Práctica de laboratorio Proba oral, presentación de traballos, etc. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B11
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. descrición en"avaliación") ou un sistema de avaliación única.

É recomendable elixir o primeiro sistema, avaliación continua, xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e é necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a posibilidade de asistir ás clases e ás actividades da materia coa frecuencia necesaria debe comunicalo ao profesor. A non realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0 (cero) puntos na mesma.

Primeira edición das actas

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do período de exames. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio, coa debida autorización do alumnado. Para aprobar na materia, é necesario aprobar ambas as probas (escrita e oral). Ao suspender unha delas, é necesario recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única consiste nun exame escrito, realizado en data indicada no calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral, que será realizado no mesmo día nunha aula continua. A avaliación única será valorada da seguinte maneira:

1. Exame escrito teórico-práctico:75% da nota final.

2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio coa debida autorización do alumnado.

Faltar sen xustificación a un destes exames supón o suspenso cunha cualificación de 0 (cero) puntos no mesmo.

Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar ambos os exames (escrito e oral). No caso de que se suspenda un dos exames, o alumno/a deberá repetir as dúas partes (escrita e oral) na convocatoria de xullo.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das actas (xullo). A data do exame coincidirá coa data destacada no calendario oficial da FFT.

Consideracións xerais

Copia ou plaxio nos exames de avaliación continua ou única serán penalizados cun suspenso (0 puntos).

Recoméndase a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como a consulta regular de materiais e información específica na plataforma Faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000