Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Proba de contido especificamente gramatical e léxica. 15 A2
A3
A4
A5
B2
B3
C15
C16
C17
C21
C22
C147
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba na que a/o estudante demostrará a súa capacidade de comprensión dun texto escrito e/ou oral en lingua portuguesa, a súa capacidade de argumentar, así como a súa competencia escrita e/ou oral en lingua portuguesa. 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C147
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba oral, presentación de traballos, etc. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B11
C14
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras
semanas do cuadrimestre entre dúas opcións: un sistema de avaliación
continua
(cf. descrición en "avaliación") ou un sistema de avaliación
única.

É recomendable elixir o primeiro, avaliación continua, xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e
é necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a
posibilidade de asistir ás clases e ás actividades da materia
coa frecuencia necesaria, debe comunicalo ao profesor. A non
realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo
sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0
(cero) puntos na mesma.

Primeira edición das actas

A
data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data
do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do
período de exames. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio
coa debida autorización do
alumnado. É necesario aprobar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar
na materia e, ao suspender unha delas, é necesario recuperar
ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación
única
consiste nun exame escrito, realizado en dátaa indicada no
calendario oficial dá FFT, seguido doutro exame oral que será
realizado no mesmo día nunha aula continua. A avaliación única será
valorada da seguinte maneira:

1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final.

2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio coa debida autorización do
alumnado.

Faltar sen xustificación a un destes exames, supón o suspenso cunha cualificación de 0 (cero) puntos no mesmo.

É
necesario aprobar ambos os exames (escrito e oral) para poder aprobar a
materia. No caso de que se suspenda un dos exames, o
alumno/a deberá repetir as dúas partes (escrita e oral) na
convocatoria de xullo.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na
segunda edición das actas (xullo). A data do exame coincidirá
coa data destacada no calendario oficial da FFT.

Consideracións xerais

Copia
ou plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou única
será penalizado cun suspenso (0 puntos) nas mesmas.

Recoméndase
a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como
a consulta regular de materiais e información específica na
plataforma Faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000