Probas de resposta curta |
Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. |
80 |
|
|
C5 C10
|
|
A avaliación e conseguinte
cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de
avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. Os
traballos de aula desenvolveranse semanalmente e a proba escrita realizarase na
derradeira semana de clase. O alumnado que suspenda será examinado de toda a
materia de acordo ao exposto máis abaixo, referente á convocatoria de xullo. O alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un
exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis
outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun
valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación
continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser
inferior a 4 para superar a materia. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da
cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación
única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer
tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota
do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba
oral realizarase nunha data concertada co profesorado. |