Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula, previa notificación de datas. 60
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

-- O alumnado que opte por avaliación continua ten que entregar, ao longo do curso, unha serie de exercicios escritos (tipo essay), que puntuarán, cada un, entre un 15% - 20% da nota global. O resto da puntuación, que non excederá do 40%, corresponderá a unha proba final.

--Non existe obriga de asistir a un mínimo de clases, pero a NON asistencia ás clases nas que teñan lugar exercicios escritos avaliables, implicará a perda desa porcentaxe de nota (salvo enfermidade / causa debidamente xustificada, nese caso buscaráse unha data alternativa para a redacción do exercicio).

-- Todalas clases nas que teñan lugar probas avaliables serán anunciadas coa debida e suficiente antelación tanto nas propias clases presenciais como na plataforma Faitic.

-- O alumnado que non opte pola avaliación continua (ou a abandone nalgún punto) será examinado mediante unha proba final que incluirá a redacción dalgún/s do/s tipos de traballo vistos en clase, e que computará como o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000