Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da asistencia a clase e da participación activa en todas as actividades desenvolvidas na aula. Puntuación de traballos e exercicios entregados durante o curso. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
B12
B13
C14
C15
C17
C18
C19
C147
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico e gramatical. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
B12
B13
C14
C15
C17
C18
C19
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 20% establecido para os traballos de aula, atenderase a participación regular na aula (orientativamente, sobre a base dunha asistencia non inferior ó 80% das horas totais). A proba escrita realizarase na mesma data que a fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT para a proba da avaliación única. 

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.
 
En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000